Crónica dun bo concerto anunciado
A tarde de onte, coma en outras tardes, asistía a un concerto. Pero non era un concerto máis. Fun ó concerto do Les Petites Chanteurs de Saint Marc de Lyon no Teatro Rosalía da Coruña. Este fantástico coro está de xira presentando o seu disco adicado a The Beatles. Xa sabedes, e requetesabedes, que non é o repertorio que máis me gusta, mais estaba convencida que interpretarían temas da banda sonora da película que tanto nos emocionou. Que sorpresa! O repertorio do concerto foi ben distinto.
O concerto comezou co Coro Cantabile da Coruña. Que maneira máis boa de abrir o concerto, co Canto de Jean Racine de Fauré (unha das miñas obras favoritas para coro mixto). Velaí ó coro Cantabile interpretando esta obra:
Parabéns a este magnífico coro xuvenil que afronta un repertorio de gran dificultade. De Cantabile falaremos en breve.
Continúa o concerto cos cantores de Saint Marc. Cal pensades que foi a primeira obra? Pois Vois sur ton chemin!. Nese intre mirei para unha das pequecoristas que estaba moi preto de mín: Marta. E cunha mirada cómplice entendímonos: o Peque Coro está ensaiando esta obra e é unha delicia escoitala por este coro.
Abriron a segunda segunda parte con Caresse sur l'océan. Interpretaron dous temas do seu novo disco e, especialmente música francesa. Dúas obras desta parte que me fascinaron:
Parlez Moi (Dime) de France Levasseur
O Himno ó Amor
Este coro ten un son precioso, moi claro, limpo, doce, case diría melancólico. Os seus solistas son moi bos, mais o impresionante é o conxunto: 30 nen@s en escea e as súas obras a dúas voces semellan interpretadas por 2 nen@s. Coma coro son emocionantes. A isto engadimos a mestría do director e do excelente pianista.
Coma non, o seu Cerf-volant...E cos aplausos do público, a despedida co Himno á Noite. Sen embargo, esa non era a verdadeira despedida. Cantaron de novo Vois sur ton chemin xunto co coro Cantabile.
Ata pronto, pequenos cantores!
À bientôt, petites chanteurs!
Comentarios
Publicar un comentario