O Peque Coro cantará a Rosalía na Praza da Quintana


Meses atrás sumámonos ó proxecto "Nenos e Nenas cantan a Rosalía" organizado polo Consello da Cultura Galega e a Consellería de Educación. Para conmemorar o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro mañá cantaremos na Praza da Quintana tódol@s nen@s dos conservatorios e escolas de música de Galicia.

Por iso, ó longo dos ensaios deste ano adicámonos a obras con textos rosalianos: "Rosa de Abril" de Andrés Gaos, "Negra Sombra" de Xoán Montes, "Maio longo" de Xosé Baldomir e "En Cornes" de Octavio Vázquez.

Pola mañá faremos unha visita guiada ó Museo da Cidade da Cultura. Despois, o ensaio xeral tódolos coros xuntos. Será todo un orfeón de nen@s!


Despois de merecido xantar...cara a Praza da Quintana, onde será ese concerto especial no que nos dirixirá Maximino Zumalave e tocará o quinteto de metais Hércules Brass.


Só fica agardar que a choiva nos deixe cantar neste lugar emblemático, para poder disfrutar deste momento!

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Peque Coro no 25N

Peque Coro in crescendo: descubrindo ao invasor

Peque Coro en tempos de confinamento