O Peque Coro


Este é o blogue para @s pequecoristas, @s amig@s e familiares dos pequecoristas, para tódol@s interesad@s no canto coral infantil e para @s alumn@s de Linguaxe Musical do noso conservatorio.

O Peque Coro somos nenos e nenas de Grao Elemental e Profesional do Conservatorio de Música "Xan Viaño" de Ferrol. Tódalas semanas ensaiamos xunto con profesoras do noso conservatorio. Ó piano acompáñanos a delicadeza da nosa pianista, Alexandra Pita e a dirección está nas mans de quen escribe neste blogue: a ilusionada directora, Catuxa Pita.

miércoles, 31 de mayo de 2017

No bico un cantar: nenos e nenas cantan aos poetas mindonienses


Un ano máis, O Peque Coro do Xan Viaño participará na edición de "No bico un cantar", que organiza a Consellería de Educación e mailo Consello da Cultura Galega. Este ano será en Mondoñedo adicándoo aos seus poetas: Álvaro Cunqueiro, Antón Noriega Varela, Aquilino Iglesia Alvariño e Xosé Díaz Jácome.

A partir dos versos destes poetas, xorde a música composta por Luis Emilio Batallán (Quen puideira namorala) , Eduardo Toldrá (As froliñas dos toxos) , Antonio Paz Valverde (O neno durmía) e as dúas obras a estrear de Nico Casal: Non o sei! e Neniae

Como non, rematando o mes de Maio, Maiolongo de Baldomir cos versos rosalianos. A dirección recae nas mans de Maximino Zumalave e o acompañamento instrumental na agrupación de metais Hercules Brass.

A cita será ás 17.30 na Praza do Catedral, desde onde observará cantar a imaxe de Cunqueiro





lunes, 15 de mayo de 2017

Recital das Letras Galegas 2017


Despois dun pequeno descanso nos nosos concertos, voltamos coa nosa participación no Recital das Letras Galegas 2017.  

A cita é o martes 16 de Maio no auditorio Xosé Arriola do Cmus Xan Viaño ás 19.00h